Pontevedresas da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto participarán na Romaría Lilá en Vigo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O mobiliario urbano dependente do Concello de Pontevedra conta con cartelería que anuncia a celebración da Romaría Lilá que organiza a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto e que se desenvolverá en Vigo este domingo 15 de xuño.
As representantes pontevedresas que forman parte da plataforma trasladaranse ata a cidade olívica para conmemorar un ano do inicio das protestas contra a reforma que prevé o goberno do Partido Popular en materia de Saúde Sexual e Reprodutiva.
As máis de 70 organizacións que forman parte desta plataforma organizaron unha serie de actos baixo o lema ManiFestAcción iniciándose cunha marcha que sairá ás 12.00 horas da estación de trens de Vigo para continuar con concertos, asembleas e actos culturais.
As actividades desta xornada estarán marcadas pola protesta feminista destinada a reclamar a retirada inmediata do anteproyecto da contrarreforma presentada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón.