As praias de Marín contarán con socorristas a partires do 1 de xullo
Por Redacción
As praias de Marín encóntranse xa en boas condicións para recibir bañistas con motivo das altas temperaturas que se están a rexistrar dende o pasado fin de semana. Haberá que esperar ata xullo para que conten con todos os servizos e se icen as bandeiras azuis pero os areais xa contan con papeleiras, duchas e aseos, ademais de desenvolverse labores de limpeza da area e de roza dos accesos.
Ademais, dende as concellarías de Turismo e Medio Ambiente de Marín continúase co traballo de balizado dos areais de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo coa intención de que estea finalizado o próximo fin de semana.
Segundo informa o Concello de Marín, o vial das praias xa opera no seu único sentido e encóntranse en funcionamento os quioscos de cada unha das calas.
Agárdase que a finais desta semana se instale a nova caseta dos socorristas que o temporal destruíu na praia de Aguete durante o pasado inverno. E está previsto que o día 1 de xullo, os socorristas comecen a exercer o seu traballo de vixilancia nas catro praias principais: Portocelo, Mogor, Aguete e Loira. Presentáronse 67 solicitudes para cubrir as 22 prazas que se ofertan entre socorristas e patróns de embarcación, mentres que para as dúas prazas de auxiliares da Policía Local que se atoparán en activo durante os meses de verán presentáronse 25 solicitudes.
O Concello de Marín recorda que está prohibido o acceso con cans durante a tempada estival, ademais de xogar ao fútbol ou practicar actividades molestas para os usuarios das praias.
Relacionadas:
-
Marín contratará 20 persoas en paro como socorristas este verán
Por Redacción |
-
Instauran o sentido único no vial de acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Así seleccionan en Sanxenxo os seus vixilantes da praia
Por Diego Torrado |
-
Dúas persoas atenderán a caseta de turismo de Marín ata finais de setembro
Por Redacción |