O fiscal xefe sobre o novo mapa xudicial: "No tiene ninguna justificación que no exista ese partido (Vigo)"
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A decisión do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de que cidades con circunstancias sociais "extraordinarias" poidan ter o seu propio Tribunal Provincial de Instancia dentro da nova reestruturación xudicial tivo boa acollida no sector a nivel provincial e autonómico en canto a que abre a porta a que Vigo non perda a súa sede xudicial en detrimento dunha única a nivel provincial que se situaría en Pontevedra. O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, foi un dos máis contundentes á hora de defender a idoneidade da medida e asegurou que "no tienen ninguna justificación que no exista ese partido (por Vigo)".
A Comisión Permanente do Poder Xudicial defendía que o anteproxecto de reforma da Lei Orgánica de Xustiza no que se aborda a nova distribución do mapa xudicial non recoñecese a singularidade de ningunha localidade, o que deixaría a Vigo sen partido xudicial. Este xoves, o Consello decidiu que si se recoñeza o dereito a determinadas cidades a ter sede propia e non unha sede desprazada como se propoñía. O informe sobre o anteproxecto aprobouse este venres e conclúe que o CGPJ propón flexibilizar o modelo cando concorran circunstancias xeográficas, demográficas, territoriais, socieconómicas, de volume de litigiosidad ou de carga de traballo extraordinarias.
Tras darse a coñecer esta nova decisión, Aladro cuestionou que "la ley es que parece que funciona a contrapelo con lo que es la realidad social" ao non recoñecer a particularidade de grandes urbes como Vigo. Quixo puntualizar que a formulación do anteproxecto de lei non é un agravio particular contra a cidade olívica, senón xeneral en toda Espala, pois "desaparecen todos, no desaparece sólo el de Vigo". Tras ese matiz, segue defendendo que "la reestructuración del territorio merece que sea contemplada de otra manera".
O responsable da Fiscalía Provincial de Pontevedra realizou estas declaracións despois de que o fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, lle impuxese a Cruz Distinguida de Primera Clase de la Orden de San Raimundo de Peñafort. Ao termo do mesmo acto, o propio Torres-Dulce referiuse a esta problemática e concluíu que en casos excepcionais como o de Pontevedra e Vigo debe utilizarse un "criterio de proporcionalidad".
Torres-Dulce: "Aquí en Pontevedra y Vigo (es) no ya evidente sino absolutamente inexcusable"
O fiscal xeral defendeu a necesidade da reforma do mapa xudicial e insistiu en que "no podemos seguir teniendo exclusivamente la idea de partidos judiciales y audiencias provinciales", pero apelou á necesidade de que se recoñezan situacións excepcionais en determinadas unidades territoriais "como Vigo y alguna otra de importancia". "Aquí en Pontevedra y Vigo (es) no ya evidente sino absolutamente inexcusable", sinalou.
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, tamén defendeu que se deben ter en conta as características de cada territorio e, no caso de Galicia, valorar a existencia de sete cidades cunhas áreas metropolitanas arredor importantes. "ÿ unha realidade que debe ser atendido e por iso pedimos sete tribunais de instancia", indicou.
Ao respecto, recordou que a Xunta realizou un "investimento moi forte" en infraestruturas xudiciais e tal gasto presupostario "de repente non pode ser borrado dun plumazo".
Relacionadas:
-
Contradicións no PSOE ante o manifesto de Louzán para manter o mapa xudicial na provincia
Por Anxo Lourido |
-
Louzán convoca a 13 alcaldes para intentar paralizar a reforma xudicial de Gallardón
Por Redacción |
-
O Poder Xudicial avala a centralización en Pontevedra e delega a Vigo como "sede desprazada"
Por Oskar Viéitez |