Piden 33 anos de prisión para os tres acusados de introducir 56 quilos de cocaína en latas de piña
Por Redacción
A Audiencia Provincial xulgará o martes a dous vigueses e un colombiano como presuntos autores dun delito contra a saúde pública en cantidade de notoria importancia e simulando operacións de comercio internacional entre empresas.
O fiscal pide para cada un dos tres acusados 11 anos de prisión e o pagamento dunha multa de 1.800.000 euros como presuntos autores de ter importado cocaína dende Colombia e Ecuador utilizando diversas sociedades mercantís.
En outubro de 2010, as autoridades de Ecuador aprehendían no seu territorio un colector cargado de pescada conxelada con 472 quilos de cocaína que ían dirixidas ao Porto de Marín onde estaba previsto que os recollese un dos acusados, segundo o escrito da Fiscalía.
A policía xudicial portuguesa, en abril de 2011, lograba incautarse de case 56 quilos da mesma droga, que se encontraba oculta nun cargamento de piña en conserva cargado nun colector que chegara ao Porto de Lisboa procedente de Colombia e que ía destinado á empresa que a propia rede montara en Portugal.
Das 4.410 latas de piña que se encontraban no colector, segundo fontes policiais, detectáronse 38 latas de piña cunha substancia pastosa que deu resultado positivo en cocaína a través dunha proba realizada co narco test.
Axentes da UDYCO de Galicia e da Axencia Tributaria lograron desmantelar a organización o 13 de maio de 2011 ao deter aos líderes españois en Vigo, S.G.M e A.C.R., e a un cidadán colombiano en Madrid.
Relacionadas:
-
A Audiencia pontevedresa condena tres narcos por introducir cocaína camuflada en latas de piña
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sinalan por terceira vez o xuízo contra tres narcos acusados de introducir cocaína polo Porto de Marín
Por Redacción |
-
A Fiscalía pide que se investigue a un dos avogados nun xuízo por narcotráfico por obstrucción á Xustiza
Por Oskar Viéitez |
-
O narco que apelou á xustiza universal sentarase no banco da Audiencia o próximo martes
Por Redacción |
-
A Audiencia de Pontevedra nega a xustiza universal a un narco que pretendía librarse de ser xulgado en España
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra afronta o primeiro caso dun narco que apela á xustiza universal para non ser xulgado en España
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |