Os militares da Brilat inician o seu despregamento polos montes galegos
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O Exército iniciou este martes o seu despregamento polos montes galegos no marco da operación "Centinela gallego" que se reedita cada verán dende a súa posta en marcha no ano 2007.
A conselleira de Medio Rural e de Mar, Rosa Quintana e o xeneral xefe da Brigada Lixeira Aerotransportable (Brilat), Luis Cebrián Carbonell, asistiron na base militar de Figueirido ao despregamento das patrullas, un mínimo de 25, que poderán ampliarse segundo o requiran as circunstancias.
Rosa Quintana explicou que as patrullas do Exército se distribuíron "en función de las zonas de riesgo" para que os labores de vixilancia se centren en "aquellas zonas de alta actividad incendiaria". Neste sentido, o pasado ano, cara a finais do mes de agosto houbo que corrixir a situación dos efectivos. "Una vez que hicimos esa redistribución bajó el número de incendios en esa zona", apostilou Quintana.
O comandante Molina, Xefe de Operacións da Brilat, detallou que o convenio deste ano "flexibiliza el redespliegue de patrullas" xa que o protocolo antes era máis ríxido e "ahora el jefe de la Fuerza tiene cierto margen".
A Brilat achega vinte desas patrullas e as outras cinco patrullas proceden do Tercio Norte de Infantería de Marina, con sede en Ferrol.
Rosa Quintana restou importancia ás condicións climatolóxicas "ya que afectan a todo el territorio, pero no toda Galicia arde por igual. Luego, algo más tiene que haber". Por iso trasladou o seu desexo e confianza en que "la sociedad civil sea consciente que en esta tarea estamos involucrados todos y todos somos necesarios".
O xeneral xefe da Brilat, comentou que "esencialmente los cometidos que realizan las fuerzas no son muy diferentes de las patrullas que estamos acostumbrados a hacer".
Cebrián Carbonell sinalou que ten a referencia de que as patrullas se realizan "en un ambiente amistoso" no que as comunidades locais reciben aos militares "de forma muy positiva". Tamén destacou a "utilidad" que ten esta campaña para a prevención de incendios e engadiu que "es una buena ocasión para seguir manteniendo activos a nuestros soldados sobre todo cuando están en los cuartes y creo que es una magnífica oportunidad para seguir mejorando las ya excelentes relaciones que mantienen las Fuerzas Armadas con las autoridades y ciudadanos de Galicia".
UME
Aínda que non forman parte da operación Centinela Galego, como novidades dentro desta campaña contra incendios encóntrase que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) cambiou o seu centro de operacións, abandonando as instalacións da Escola Naval Militar de Marín para aloxarse na base da Brilat, en Figueirido.
Estes militares da UME actúan directamente contra o lume logo de solicitude da Xunta.
O xeneral xefe da Brilat afirmou que a UME solicitou permanecer nesta base "posiblemente porque al ser una base de una unidad presenta unas mejores condiciones de infraestructura para alojar medios militares que la Escuela Naval que quizá tiene las características de una universidad".
Relacionadas:
-
Os comuneiros, "perplexos" co convenio polo que a Brilat vixía os montes en prevención de incendios
Por Redacción |
-
A Brilat conclúe a vixilancia dos montes galegos cun cento de avisos por incendios
Por Redacción |
-
Os soldados da Brilat dan 50 avisos no seu primeiro mes de operación contra os incendios
Por Redacción |
-
Defensa e a Xunta asinan o convenio para a vixilancia dos montes, que comeza o martes
Por Natalia Puga |
-
A Brilat planifica xa a operación 'Centinela Gallego' e en setembro comezará o seu adestramento para Mali
Por Natalia Puga |