Chamada de atención á cidadanía ante o aumento de furtos en verán en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
As vacacións invitan o relax e provocan que o cidadán baixe a garda. En poboacións como Sanxenxo, coa chegada masiva de turistas durante o verán, se xenera un clima perfecto para a denominada "delincuencia de baixa intensidade". Fundamentalmente furtos ao descoido. O bolso abandonado na toalla mentres nos damos un mergullo na praia, o móbil sobre a mesa da terraza, moedeiros, lentes, reloxos.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, fixo un chamamento á cidadanía para que extreme o coidado ante o crecemento das faltas e os furtos ao descoido "ya que durante la época del verano se multiplican".
Antonio Coello copresidiu, xunto coa alcaldesa Catalina González Bea, a reunión da Xunta Local de Seguridade de Sanxenxo, á que tamén asistiron representantes municipais, da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e o xefe da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Paz Pérez Asorey.
Na reunión, Antonio Coello manifestou que, á vista da evolución delincuencial, o ano 2013 se pechou cun descenso no número de delitos e que a tendencia se mantivo nos seis primeiros meses deste ano en comparación co mesmo período de 2013. En concreto, o balance anual de 2013 pechouse cun descenso de 11,18% no número de delitos.
"A la vista de evolución delincuencial el año está en parámetros normales", dixo Antonio Coello enmarcando este dato na singularidade de Sanxenxo que multiplica a súa poboación durante o verán.
"Somos un Concello turístico de referencia y para nosotros la seguridad es primordial", engadiu a alcaldesa.
O número de delitos esclarecidos dende xaneiro ata o mes de maio aumentou nun 16,95% e o número de detidos ascendeu en 19,23%. "Este es el camino que debemos seguir", valorou o Subdelegado. De xaneiro a xuño deste ano os delitos contra o patrimonio baixaron un 11,59%.
Tanto o subdelegado do Goberno coma a alcaldesa agradeceron a exemplar disposición tanto de Garda Civil coma de Policía Local para traballar de forma conxunta co obxectivo de mellorar a seguridade.
Na reunión tamén se informou da evolución do Plan de Ocio 2014 e do Plan Director. O primeiro está centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores e o segundo está orientado a charlas informativas que se imparten nos centros de educación para previr o consumo de alcohol e drogas entre os mozos, así como fomentar un bo uso das novas tecnoloxías. Dentro deste último programa, a Garda Civil impartiu no curso anterior seis charlas nos centros.
Catalina González reiterou que outra das preocupacións da Policía Local é evitar os botellóns.