Tres mulleres de 19, 36 e 50 anos, sorprendidas por un axente fóra de servizo mentres roubaban nun comercio
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación de tres mulleres de 19, 36 e 50 anos de idade respectivamente, veciñas de Pontevedra, todas elas con antecedentes policiais, como presuntas autoras dun furto nun establecemento comercial de Pontevedra.
Os feitos sucederon sobre as 12.25 horas da mañá do mércores día 16 de xullo, cando un axente fóra de servizo observou a presenza de tres mulleres nas inmediacións da rúa Benito Corbal, unha delas portando unha bolsa de grandes dimensións.
O axente puido observar como unha destas mulleres preparaba a bolsa para intentar eludir os dispositivos de alarma, mentres as outras dúas accedían ao interior dun dos establecementos da zona.
Este axente alertou os seus compañeiros que se encontraban realizando labores de prevención da seguridade cidadá polas inmediacións.
Os policías foron testemuñas de como as dúas mulleres que estaban dentro da tenda saían ao exterior e lle pedía a bolsa habilitada para meter no seu interior as pezas que instantes antes subtraeran, momento no que foron interceptadas polos axentes.
No interior da bolsa introduciran pezas por valor de 84 euros, todas elas coas súas correspondentes etiquetas e dispositivos de alarma, as mulleres recoñeceron telas subtraído.
Os axentes procederon á identificación das tres mulleres se ben dúas delas carecían de documentación polo que foron trasladadas a dependencias policiais para a súa completa identificación.
Unha vez na Comisaría foron citadas para a celebración de xuízo rápido por falta.