647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción
Un total de 647 licenciados, graduados e diplomados presentaron xa as súas solicitudes para lograr un contrato en empresas da provincia a través do Plan Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra para o ano 2014.
O prazo para a presentación de solicitudes para poder optar a un posto nalgunha das 903 empresas que forman parte deste plan finaliza o próximo martes 29 de xullo.
As titulacións académicas que máis se demandan polas empresas son Administración de Empresas (46 prazas), Administración e finanzas (38), Xestión Comercial e Mercadotecnia (17), Informática (12), Publicidade e Relacións públicas (12), Relacións Laborais e Recursos Humanos (11), Arquitectura (8), Arquitectura Técnica (11), Aplicacións Multiplataform (7) e Produción por Mecanizado (7).
Na selección terase en conta o expediente académico que se valorará de 0 a 7 puntos; e a entrevista sobre os coñecementos relacionados coas titulacións puntuará de 0 3. O Boletín da provincia publicará as puntuacións e cada aspirante elixirá a empresa na que desexe realizar as prácticas.
O traballo na empresa comezaría o 1 de outubro e tería unha duración dun ano. Os seleccionados percibirán 800 euros mensuais no caso de licenciados, graduados e diplomados; e de 700 euros ao mes no caso de titulados de ciclos superiores.
Relacionadas:
-
2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Colas de mozos formados para conseguir unha bolsa do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
400 empresas da provincia adhírense ao segundo plan de prácticas laborais da Deputación
Por Redacción |