400 empresas da provincia adhírense ao segundo plan de prácticas laborais da Deputación
Por Redacción
Os representantes das aproximadamente 400 empresas adxudicatarias do segundo Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra asinaron este luns o convenio coa administración provincial para poder beneficiarse da iniciativa.
A través deste plan case 500 bolseiros poderán acceder ao seu primeiro emprego en 2014 co obxectivo, segundo declarou o presidente da Deputación Rafael Louzán no acto, de que "os titulados adquiran experiencia e poidan mellorar as súas posibilidades de inserción laboral".
As empresas que participan na iniciativa contarán cun, dous e ata tres bolseiros, segundo o caso, adquirindo uns compromisos como son o cumprir co programa formativo, contratar o bolseiro cando exista compromiso de inserción, sufragar os seus gastos se ten que realizar algun tipo de desprazamento na realización dos seus labores ou cumprir co descanso legalmente establecido.
No acto, celebrado no Pazo Provincial, tamén se encontraban a deputada Begoña Estévez e a xefa de persoal da Deputación, María Jesús Torres Peón.
Relacionadas:
-
180 persoas iniciarán a finais de agosto cursos de inserción laboral do programa Aquelando
Por Redacción |
-
647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
As empresas pontevedresas teñen ata o 22 de abril para solicitar á Deputación mozos en prácticas
Por Redacción |
-
"No encontraba salida laboral sin pensar en emigrar"
Por Natalia Puga |
-
2.500 mozos aspiran ás 424 bolsas de práctica laboral da Deputación que terán unha segunda fase en 2014
Por Redacción |