Poio volverá homenaxear a Alexandre Bóveda reclamando a institución oficial do Día de Galiza Mártir
Por Redacción
O Concello de Poio conmemorará este domingo, 17 de agosto, o Día da Galiza Mártir ante o monumento de Alexandre Bóveda situado na Caeira no lugar no que foi fusilado ese mesmo día no ano 1936 durante a guerra civil.
Nesta ocasión o acto en memoria do galeguista que foi nomeado en 2004 fillo adoptivo do Concello de Poio comezará ás 13.00 horas coa intervención da concelleira de Cultura de Poio, Silvia Díaz, a representante da Asociación Memoria Histórica de Marín e de Iniciativa Galega pola Memoria, Enriqueta Otero, o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, o vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda e concluirá coas palabras do alcalde, Luciano Sobral, que dará paso á interpretación do himno a cargo da Escola de Música Tradicional.
Dende o Concello reclámase, tal e como se acordara no pleno do mes de novembro de 2013, á Xunta que declare e institúa oficialmente como Día da Galiza Mártir o 17 de agosto en memoria de todos os cidadáns que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defender as liberdades e dereitos democráticos do pobo galego. Ademais solicitan que se revise o proceso e a condena a morte ditada contra Alexandre Bóveda en 1936 e que se rehabilite a figura do galeguista.
Relacionadas:
-
O neto de Bóveda aplaude a "valentía" de Ángel Moldes no apoio do PP de Poio ao fusilado
Por Natalia Puga |
-
Homenaxe a Alexandre Bóveda coa mirada posta en poder celebrar o 'Día dos Mártires Galegos'
Por Natalia Puga |
-
Un Día da Galiza Mártir para "pararlle os pés a un PP herdeiro do franquismo"
Por Redacción |
-
Pontevedra, quinto concello que pide institucionalizar o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir
Por Alejandro Espiño |
-
Unha moción en apoio da institucionalización do Día de Galiza Mártir
Por Redacción |