Eduardo Camiña, de Casa Solla, queda terceiro no campionato galego de sumilleres
Por Redacción
O Pazo Baión aspira a converterse en referencia do enoturismo galego despois da súa recente remodelación e co seu proyecto dun hotel pensado mirando ao viño. Grazas ao XVI Campionato Galego de Summilleres xa o foi durante este martes 2 de outubro.
As instalacións ubicadas en Vilanova de Arousa foron o escenario elixido para a súa celebración e para deixar un anuncio destacado para o sector: o recoñecemento de Tyales Veiga como mellor sumiller galego por segundo ano consecutivo.
Despois do resultado acadado na cita pontevedresa, Tyales Veiga representará a Galicia no Campionato de España, que se celebrará o día 8 en San Sebastián Gastronomika. O vencedor estatal competirá nos campeonatos de Europa e do Mundo, este último a celebrar en 2013 en Tokio (Japón).
Segundo informou o Grupo HGT, editor da revista Hostelería Galega e Turismo e organizador do campionato, en segunda posición clasificouse Nacho Costoya, dobre campión de Xefes de Sala Maitres, completando o podio ex-aequo na terceira posición Daniel Marín, da vinoteca-tienda Santorum de Ourense, e Eduardo Camiña, do restaurante Casa Solla de Poio.
O campionato estivo avaliado tecnicamente pola Asociación Galega de Sumilleres e organizado polo Seminario para a Formación e Promoción da HGT.
Do xurado avaliador formaron parte profesionais re recoñecido prestixio como o enólogo de Pazo Baión, Pepe Hidalgo; o xerente de Condes de Albarei, Xavier Zas; os sumilleres e membros de AGASU, David Barco, Antonio Portela, Xoán Cannas e ÿscar Cidanes; o xornalista e membro de AGAXET, Pepe Cadavedo; o profesor do IES Carlos Oroza (Pontevedra), Juán Sánchez; e o presidente de de AMAIGA, José Vicente Gómez, entre outros como Ismael Fernández, da distribuidora Tomás Fernández, que foi un dos patrocinadores deste ceramen ou Pablo Márquez, de GastroRadio.