Seus netos, súas irmáns, seus fillos ou mesmo o Estado poden herdar de Maximino
Por Natalia Puga
Catro anos despois de que Maximino Couto Durán protagonizase a sanguenta tarde na que supostamente matou a súa noiva e o intentou cos seus veciños, a súa ex muller e un policía as súas accións durante un permiso penitenciario seguen dando rompedeiros de cabeza á súa familia e á Xustiza.
Maximino Couto, que acabou suicidándose no cárcere o 17 de decembro de 2008, redactara o seu testamento estando en prisión, en outubro dese mesmo ano, un mes antes daquel 29 de novembro no que deixou un regueiro de sangue por ponte Caldelas e Mourente.
O documento nomeaba herdeiros a partes iguais a María del Rosario Peso André, a súa parella á que presuntamente matou na súa casa de ponte Caldelas, e a un fotógafo de iniciais L.M.F.M., que renunciou á herdanza. Ante os acontecementos, os seus catro fillos serían os herdeiros presumiblemente lóxicos do diñeiro que tiña nun fondo de pensións e da casa que tiña coa súa ex muller en Mourente, onde ela vive a pola que se montou todo o guirigay xudicial. Non obstante, desherdounos alegando que formularan contra el "unha denuncia falsa que o levou a prisión".
Aquela herdanza está impugnada polos fillos de Maximino Couto, pero o procedemento xudicial está aínda sen resolución no Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra, de modo que nestes momentos non ten herdeiros e poderían acabar sendo as súas irmás, os seus netos, os seus fillos se logran a impugnación ou mesmo o propio Estado.
Neste proceso xudicial aparecen como partes as irmás Olga e Esther Couto Durán e os dous netos (representados polo seu pai), que rexeitan a posible herdanza; os seus fillos, que a reclaman; e un notario, xa que no seu testamento o falecido nomeaba ao seu notario ou sucesores testamenteiro universal con "plenas facultades de conar e partir, de entregar legados e satisfacer no seu caso lexítimas en metálico extraherencial" De feito, o seu notario está xubilado e quen se viu metido nesta lea é o seu substituto.
A herdanza parecía un asunto que só interesaba aos seus fillos e a súa ex muller, pero apareceu un novo elemento no escenario, o axente da Policía Nacional ao que feriu cando intebaba detelo. Fontes policiais sinalaron esta mesma semana que o home está incorporado na Comisaría de Policía, pero tan só en tarefas internas, non pode realiza traballo de rúa polas consecuencias das feridas sufridas.
O policía demandou no Xulgado de Primera Instancia número 4 de Pontevedra aos fillos de Maximino Couto polos danos sufridos e unha sentenza determinou que deberá recibir unha indemización de 65.000 euros, pero mesmo esta resolución impide determinar quen é esas persoas, pois chega a falarse nesta causa de "ignorados herdeiros".
Contra esta sentecia xa existe dende o 12 de novembro un escrito de alegacións presentado polos fillos de Maximino Couto. O policía demandaba os fillos e a herdanza xacente, pero estes alegan "aberta indefensión" porque aínda que finalmente a sentenza non lles nomea a eles, si que están demandados e non se lles permitiu defenderse nin se designou un adminsitrador que represente a herdanza mentres estea en proceso de impugnación.
A alegación recorda, ademais, á xuíza que a herdanza aínda está en proceso de impugnación e pide que se impugne a sentenza ata que se aclare tal lea xurídica co testamento.
Maximino Couto estaba cumprindo unha condena por malos tratos e tiña dúas sentenzas máis pendientes, de seis meses cada unha
Un auto do 4 de outubro deste ano mesmo indica que os herdeiros poderían ser os netos, pero non se lles nomeou defensor xudicial e no procedemento xudicial polo que se establece a indemnización ao policía non se permite que recorran como parte afectada, como tampouco ao testamenteiro, nin aos netos, nin ás irmás nin aos fillos. Ao negárselle a posibilidade de recorrer a sentenza, de aí que piden a súa impugnación a través dun proceso de alegacións.
Ante todo este alboroto xudicial a ex muller de Maximino Couto, Herminia Buceta, só pide cordura. "De momento hai unha lea co dá casa. A situación é que eu teño unha parte e ou resto era do, así que non se sabe. Eu quero que ou día de mañá sexa todo dous meus fillos, pero nisto eu non podo facer nada. Só espero que non quede con todo ou Estado", sinala.
Ela foi a principal vítima do falecido, que naquela tarde sanguenta estaba a cumprir prisión por malos tratos cara a ela e tiñan pendentes de cumprir outras dúas sentenzas, de dous anos cada unha, por quebrantamento de condena, pois antes de entrar en prisión incumpriu polo menos esas dúas veces a orde de afastamento da súa ex muller.