Máis de 10.000 familias da provincia de Pontevedra perderon o bono social da luz
Por Oskar Viéitez
O número de beneficiarios do bono social da luz reduciuse en 10.067 familias na provincia de Pontevedra, nos dous primeiros anos do goberno de Mariano Rajoy, segundo unha resposta parlamentaria do executivo ao deputado socialista Guillermo Meijón.
Segundo os datos oficiais, recollidos nesa resposta parlamentaria o número de familias beneficiadas por este bono social, que reciben os fogares con menos recursos, na provincia de Pontevedra pasou de 87.673 no ano 2011 a 77.606 a finais de 2013.
O deputado e coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso, Guillermo Meijón, considera "vergonzoso" que o goberno "abandone a miles de persoas que sofren pobreza enerxética" mentres lanza mensaxes "mentireiras" sobre a recuperación económica.
Ademais denunciou que o recibo da luz en España "é un dos máis caros de toda Europa" e lamentou que a reforma do goberno o que traerá "é máis subas no prezo da luz".
Relacionadas:
-
Cada ano morren 800 persoas en Galicia a consecuencia de doenzas ou accidentes derivados do frío
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Expertos tratarán de poñer luz sobre a factura eléctrica
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acollerá unha das 10 oficinas de asesoramento personalizado sobre a factura eléctrica
Por Redacción |