Por que a xente escapa da Cruz Vermella?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Este mércores celébrase o Día da Bandeiriña, un evento con máis de cen anos de historia. ÿ unha cita importante no calendario da Cruz Vermella cuxo obxectivo é captar fondos para destinalos, este ano, á infancia.
Non obstante nesta ocasión e a diferenza de anteriores convocatorias os cidadáns "escapan" das mesas petitorias, "foxen" dos voluntarios co peto.
Segundo sinalan moitos pontevedreses unha das razóns deste comportamento singular encóntrase no abuso por parte destas institucións durante os últimos anos.
En Pontevedra enclaves como a Praza da Peregrina, a rúa Michelena ou Curros Enríquez enchéronse de "captadores de socios para ONGs" que abusan da paciencia dos cidadáns para gañar a súa comisión.
Organizacións como Acnur, Unicef, Médicos sen fronteiras, Greenpeace, Amnistía, ou a propia Cruz Vermella, ante a importante mingua de ingresos derivada da crise optaron por fichar mozos comerciais con traballos en precario que premidos pola venda saen á caza de colaboradores altruístas convencéndoos de que con 10 euros ao mes se poden salvar moitas vidas.
Son sempre os mesmos rapaces, só cambia o peto que locen, pero a empresa subcontratada á que pertencen é a mesma e polo tanto, tamén a incisiva técnica comercial.
O problema é que esta mercantilización da acción humanitaria provoca un efecto negativo na solidariedade cidadá, como hoxe se viu.
Relacionadas:
-
Para estas bandeiras si hai unidade
Por Mónica Patxot |
-
Cruz Vermella Pontevedra conta con 6.533 voluntarios dos cales 379 se incorporaron durante este ano
Por Oskar Viéitez |
-
Cruz Vermella Pontevedra distribúe máis de 281.000 quilos de alimentos entre as familias desfavorecidas da bisbarra
Por Redacción |