Votar sen barreiras terá que agardar
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra asinou a segunda fase do convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Confederación Galega de Persoas con discapacidade (COGAMI) para a posta en marcha dunha auditoría sobre a accesibilidade dos colexios electorais da provincia de Pontevedra.
Na sinatura participaron o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán.
Nesta segunda fase do convenio completaráse en sete concellos un estudo minucioso do estado dos locais e centros empregados como mesas electorais para, posteriormente, acometer a supresión dos inconvenientes e barreiras arquitectónicas atopados. O estudo completarase en catro anos.
O orzamento total previsto para esta actuación ascende a 50.000 euros, dos cales a Deputación asumirá o 50% (25.000 euros) e a Consellería de Presidencia e o IGVS 12.000 euros, respectivamente.
O presidente de COGAMI fixo especial fincapé na intencionalidade do proxecto que non é algo pensado en exclusiva para a xente con discapacidade, senón que beneficia a toda a sociedade. Todos nalgún momento da nosa vida, de cativos, de anciáns, cando nos lesionamos, necesitamos que a cidade sexa un espazo accesible, explicou Queiruga.
En esta segunda fase serán los concellos de Moaña, Nigrán, Porriño, Sanxenxo, Tui e Poio. Na primeira fase sometéronse a estudo os colexios electorais de nove concellos pontevedreses: Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Lalín, Marín, Cangas do Morrazo, Ponteareas e A Estrada, que acollen unha poboación de 560.000 persoas e 283 mesas.