Fomento comprométese a resolver as deficiencias que se manteñen das obras do AVE
Por Redacción
O tramo do eixe atlántico de alta velocidade (AVE) polo municipio de Pontevedra están a chegar ao seu fin e, por ese motivo, celebrouse a que previsiblemente será a última reunión da comisión de seguimento dos traballos entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Pontevedra.
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, explicou que na ponte de Monte Porreiro, xa sen uso, se sacaron as vías e as travesas, ademais de parte do balastro e que se está á espera de de que actuación se acomete para acceder á infraestrutura. Tamén se sinalou que se reparará por parte das empresas que executan as obras o colector da senda que vén de Lérez e de Verducido.
Outros traballos que quedaron mal rematados, segundo o concelleiro, encóntranse en Otero Pedrayo, Entrevías, Camiño de Ferro, José Malvar e Padre Fernando Olmedo. Fomento comprometeuse a resolver as deficiencias atendendo ás demandas veciñais.
Aínda queda pendente da resolución que adopte o ministerio a cesión das pontes do río Ulló e Verdugo. En todo caso, César Mosquera manifestou a súa satisfacción por estas obras que, segundo sinalou, non provocaron graves danos e encontrouse con disposición por parte da Administración central de resolver os problemas.
Relacionadas:
-
Queixas polas vibracións derivadas das obras nocturnas do AVE na estación de trens
Por Redacción |
-
Boa disposición en Fomento para converter a vella ponte do tren sobre o Lérez nunha senda peonil
Por Alejandro Espiño |
-
Ultiman o proxecto para converter a vella ponte do tren nunha pasarela peonil sobre o Lérez
Por Alejandro Espiño |