Cotobade prepara os accesos aos cemiterios con motivo do Día de Defuntos
Por Redacción
O Concello de Cotobade planificou os traballos de acondicionamento dos accesos aos cemiterios parroquiais con motivo da celebración do Día de Defuntos. As obras consisten en dárlle continuidade os labores de roza, limpeza e acondicionamento das zonas e lugares que están dentro da planificación municipal.
Con este motivo, durante esta semana, parte dos operarios municipais realizarán labores de acondicionamento dos accesos aos cemiterios parroquiais.
O goberno local pretende que os accesos estean en perfectas condicións ante a presenza de centos de persoas que durante o 1 de novembro e as datas próximas se achegarán ata os camposantos.