A VI Outubrofest levanta o pano na Praza do Teucro
Por Redacción & Mónica Patxot
Un anaco de Alemaña en plena Praza do Teucro. Así é a Outubrofest que, na súa sexta edición, arrancou este xoves coa apertura da carpa instalada en pleno casco histórico.
O evento, organizado polo Pontevedra Rugby Club co obxectivo de lograr financiamento para as súas categorías inferiores, desenvolverase ata o próximo domingo 2 de novembro.
Á inauguración asistiron representantes dos diferentes grupos da corporación municipal.
A previsión da organización é despachar, durante os catro días de celebración, 7.500 litros de cervexa e 11.000 salchichas cuns prezos que se manteñen con respecto ás pasadas edicións.
Relacionadas:
-
O 29 de outubro volve o Outubrofest, unha festa popular que Pontevedra xa "fixo súa"
Por Redacción |
-
A Outubrofest bota o peche cun novo éxito colleitado
Por Diego Torrado |
-
7.500 litros de cervexa regarán o Outubrofest a partir deste xoves
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A VI Outubrofest ocupará a Praza do Teucro a partir do xoves 30 de outubro
Por Redacción |