Finalizan as obras no ámbito do mercado municipal
Por Redacción
O Concello de Marín, a falta de pequenos retoques, dá por finalizadas as obras de urbanización e mellora de accesos ao mercado municipal.
Os traballos, nas rúas Ejército e Marina, centráronse nas ramplas de acceso ao recinto e a zona de aparcadoiro.
O proxecto, que contou cun presuposto de 73.315,17 euros, financiouse con fondos europeos a través da Consellería de Medio Rural e do Mar co obxectivo, segundo o goberno municipal, de "concluír nesta zona a empedrada que circunda xa todas as rúas do ámbito do Mercado para poñer máis en valor esta instalación".
O Concello de Marín recoñeceu nun comunicado as incomodidades que tiveron que sufrir os concesionarios dos postos do mercado, pero asegurou que "intentáronse coordinar os traballos con rapidez e profesionalidade tratando en todo momento causar as mínimas molestias".