Respaldo municipal ao transporte adaptado para suplir os recortes do 065
Por Redacción
A reestruturación que deu a Xunta de Galicia ao servizo de transporte adaptado e asistido prestado a través do 065 deixou a colectivos de personas con algunha discapacidade como a asociación Amencer-ASPACE nunha situación complicada para atender a todos os seus usuarios. Para facer fronte á nova situación e ao impacto dos recortes, ven de adquirir novos vehículos e nun deles conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Segundo informou o Concello a través dun comunicado, a Administración local cofinancia a compra por parte de Amencer dun coche adaptado para o transporte de persoas con parálise cerebral.
A aportación municipal de 13.000 euros foi a solicitada pola entidade para completar un investimento que tamén é financiado por outras institucións. A capacidade do vehículo é para seis persoas con cadeira de rodas, a máxima que se pode acadar para estes casos.
Os transportes que realizarán con este novo coche virá a suplir a eliminación do 065 por parte da Xunta, por iso o Concello considera "fundamental o apoio" a asociacións como Amencer para "evitar no posible que as persoas non deixen de asistir aos centros por falta de transporte". Lembran dende o Concello que "as prestacións por dependencia están minguando ano a ano, e moitas familias xa non soportarían máis gastos".
Amencer é tamén beneficiaria dun convenio anual de 6.000 euros e a cesión das instalacións do centro de Pontemuiños, a vella escola de primaria, de propiedade municipal. Próximamente asinaránse novos acordos con Amencer e outras asociacións que se adican ás persoas con discapacidade para a utilización do futuro Centro Sur.