Axenda de actos polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción
O Consello Municipal da Muller convoca unha concentración contra a violencia, ás 20:00 horas na Praza 8 de Marzo. Neste mesmo enclave, ás 12:00 horas é a CIG quen organiza unha concentración. Ademáis o mércores 26 ás 19.00 horas na Casa das Campás entregaranse os premios "Ernestina Otero", o xoves 27 ás 12.00 no paraninfo do Instituto Sánchez Cantón presentarase o programa "Namorando".
Cruz Vermella Xuventude de Pontevedra lanza a campaña 'Conecta os sentidos: non todo é amor', para identificar os sinais de violencia de xénero. Os ciumes, o control en redes sociais ou as agresións verbais son algúns dos sinais máis frecuentes que non son considerados violencia de xénero entre a poboación nova e adolescente.
A comunidade educativa do Instituto de Montecelo de Pontevedra vai recompilar as páxinas do "Libro das vítimas do 2014", representando cronoloxicamente cada unha delas a cada muller asasinada no noso país durante o presente ano.
En Marín ás 13.00 horas no Salón de Plenos do Concello darase lectura pública a un manifesto e entregaranse os premios "Lazo violeta" aos estamentos xudiciais e avogacía. Ademáis nos establecementos comerciais do municipio desenrolarase a campaña "Mans violetas", elaborado por persoal técnico do Centro de Información á Muller.
En Poio ás 12.00 horas terá lugar o parón diante do Concello e a lectura dun manifesto por parte da Concelleira de Igualdade, e no Casal de Ferreirós expóñense os 19 traballos participantes no IV Concurso de carteis.
Na Lama preto de medio centenar de mulleres participaron nunha conferencia impartida por expertas da empresa OBZ na Casa do Pobo, organizada en colaboración co Concello da Lama. As conferenciantes fixeron un pequeno percorrido pola orixe histórica desta conmemoración e centraron a súa intervención en desvelar e denunciar as actitudes e comportamentos sexistas que poden dar orixe a episodios de violencia de xénero no fogar.
En Vilagarcía ás 12:00 horas na explanada do Concello. O goberno local conmemora cunha concentración o 25N e o sábado, 29, a Praza de Galicia será o escenario para o lanzamento dunha campaña a través das redes sociais que leva por título "¿Y tú que pintas contra los malos tratos?". Tamén o martes 25, ás 20:30 horas, na Praza de Galicia Podemos convoca unha concentración á que Esquerda Unida se suma.
Relacionadas:
-
O CIM da Lama conmemora o 25N con tres obradoiros específicos para mulleres
Por Redacción |
-
Colas de espectadores na posta de longo da aula de teatro do CIM
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra plántalle cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
A pegada da violencia de xénero na cidade: sen cambios en 2014
Por Natalia Puga |
-
Calor humana para as vítimas de violencia de xénero fronte á frialdade da Administración
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dous traballos de grao e un de máster, gañadores dos premios Ernestina Otero
Por Redacción |
-
Aproban o III Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Encontro Autonómico de Mulleres con capacidade, marcado pola loita contra a violencia machista
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Alumnos de FP da Xunqueira I reparten tarxetas para sensibilizar sobre a violencia machista
Por Diego Torrado |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |