Coñeces algún candidato para o premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción
Coñeces algún candidato para o premio Cidade de Pontevedra? Se tes unha resposta para esta pregunta, estás no momento de intentar para facelo realidade. Este venres 5 de decembro o Concello de Pontevedra abre o prazo para a presentación da candidaturas nas cateogrías de persoas físicas e xurídicas.
O prazo de entrega de propostas rematará o día 5 de xaneiro. Segundo as bases do galardón, os candidatos poden ser propostos por calquera asociación, institución, entidade ou colectivo do municipio. Só terá que acudir ao Rexistro do Concello e presentar unha candidatura incluíndo todos os datos posibles do candidato ou candidatos propostos.
As propostas deberán adxuntar unha memoria xustificativa que saliente a traxectoria persoal e profesional de cada un dos candidatos propostos e ademais a presentación da candidatura debe darse a coñecer ás persoas ou institucións ás que se vai propoñer.
Os premios Cidade de Pontevedra teñen como finalidade galardoar o relevante labor desenvolto na modalidade individual por unha persoa física e, na modalidade colectiva, por persoas xurídicas (asociacións, entidades ou colectivos de caracter cultural, social xuvenil, empresarial, etc..). O xurado terá en conta e valorará especialmente o labor desenvolto no ano que corresponda.
Os premios serán entregados na sesión extraordinaria de honras que, para tal efecto, ten lugar tradicionalmente o día 20 de xaneiro, festividade de San Sebastián.
Relacionadas:
-
O Cine-Club eleva a seis as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Pontevedrada e o micólogo Jaime Blanco Dios, primeiros candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O cultivo do corpo e do espíritu, Premios Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
ÿscar Graña e o Conservatorio de Música Manuel Quiroga, Premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Quen merece o Premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción |