O Cine-Club eleva a seis as candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Seis candidaturas optan aos premios Cidade de Pontevedra na súa edición 2014 despois de que chegase ao Concello unha nova proposta, a do Cine-Club Pontevedra. Presentouse dentro de prazo, pero non se deu a coñecer o mesmo día en que se fixeron públicas as outras cinco porque se presentara no Rexistro da Subdelegación do Goberno e chegou máis tarde ás dependencias municipais.
Segundo informou o Concello, a candidatura do Cine-Club é unha proposta da asociación cultural Xen na modalidade de persoa xurídica. Nesta mesma categoría tamén son candidatos a asociación Cristóbal Colón Galego 'Celso García de la Riega' (a proposta do Centro Comercial Urbano Zona Monumental) e a asociación Amigos de la Pontevedrada (a proposta deles mesmos).
Na modalidade de persoa física os candidatos son Adrián Esperón Vidal (a proposta do Casino Mercantil e Industrial), Antón Sobral Iglesias (a proposta da asociación cultural Ateneo de Pontevedra) e o micólogo e presidente da asociación Brincabois, Jaime Bernardo Blanco Dios. Este último é proposta da asociación Andarís do Val do Lérez e conta co apoio das asociacións de veciños de Eduardo Pondal, O Castro-Mourente e San Roque; da asociación sociocutural Cedofeita, da comunidade de montes de Lourizán, do CEIP San Benito de Lérez e do Club de Taekwondo Mace Sport.
O xurado cualificador dos premios reunirase o vindeiro martes 13 de xaneiro ás 13.00 horas na sala de comisións do Concello. Os premios entregaranse o próximo 20 de xaneiro, día de San Sebastián, no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
Arte e ciencia xúntanse na entrega dos Cidade de Pontevedra a Jaime Dios e ao Cine Club
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O enxeñeiro Jaime Bernardo Blanco e o Cine-Club, premios Cidade de Pontevedra 2014
Por Redacción |
-
Adrián Esperón, Antón Sobral e a asociación Cristóbal Colón galego, candidatos ao Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Pontevedrada e o micólogo Jaime Blanco Dios, primeiros candidatos aos Cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Coñeces algún candidato para o premio Cidade de Pontevedra?
Por Redacción |