Paz Lago, pendente da xuntanza entre Louzán e Catalina e da decisión do partido
Por Alejandro Espiño
Paz Lago non renuncia a ser a candidata do PP en Sanxenxo. A pesar do anuncio realizado por Catalina González, disposta finalmente a optar á reelección, a deputada popular mantén o seu ofrecemento ao partido. Precisamente, a eles apela para que tomen a decisión que consideren oportuna. "Yo estoy a disposición del partido", afirmou a PontevedraViva ao ser preguntada sobre as súas aspiracións.
A concelleira de Cultura no goberno municipal de Sanxenxo recoñece que fixo pública a súa disposición a encabezar a lista do PP porque o posto "estaba vacante", despois de que a alcaldesa anunciase que non seguiría. Se non tivese sido así, explica, non tería dado ese paso.
Asegura que respecta a nova decisión de Catalina González e por iso reitera que "no voy a entrar a valorarla".
Neste sentido, o presidente do Partido Popular, Rafael Louzán, e a propia alcaldesa de Sanxenxo manterán esta semana unha reunión para abordar este asunto.
A decisión sobre quen encabezará a candidatura do PP neste municipio tomaraa, segundo afirmou recentemente Louzán, o comité electoral do partido en Pontevedra a principios do próximo mes de xaneiro.
Relacionadas:
-
O PP confirma a Telmo Martín como candidato á alcaldía de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán, sobre Catalina González: "Sabemos do seu traballo, Sanxenxo non é un municipio doado"
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán asegura que "non hai que descartar nada" en Sanxenxo, incluída a volta de Telmo Martín
Por Alejandro Espiño |
-
Catalina González, disposta a repetir como candidata do PP á alcaldía de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada