Despregue policial para dar seguridade a comercios en Nadal
Por Redacción
A Dirección Xeral da Policía activou, como cada ano, o dispositivo especial "Comercio Seguro" co fin de reforzar a seguridade, tanto obxectiva como subxectiva, durante as datas de Nadal e previr a comisión de feitos delituosos como hurtos, roubos con violencia ou intimidación, fraudes ou roubos con forza.
O dispositivo policial estará activo ata o próximo 8 de xaneiro, principalmente nas vías de maior actividade comercial, mercadiños tradicionais, e zonas de lecer e diversión.
Todos os axentes destinados en áreas de Seguridade Cidadá incrementarán os servizos operativos de prevención en lugares de maior risco para comerciantes e viandantes, e potenciarán a presenza policial en zonas de afluencia de persoas.
A Dirección Xeral da Policía involucrou tamén neste dispositivo "Comercio Seguro", na súa liña de de sumar forzas en beneficio da seguridade de todos, ás Policías Locais e Autonómicas, así como ao persoal de Seguridade Privada, para poder desenvolver respostas aínda máis áxiles e eficaces.
Relacionadas:
-
Reforzo policial na rúa ata o 8 de xaneiro para un Nadal seguro
Por Redacción |
-
Prisión para os cinco integrantes dun grupo criminal polos roubos en comercios dos últimos meses
Por Natalia Puga |
-
Atraco no casco histórico: "Tenía el cuchillo ya encima, para rajarme; me libré porque saqué la laca"
Por Natalia Puga |
-
Comprar nos comercios de Pontevedra terá premio durante os próximos dez días
Por Redacción |
-
Identificadas oito mulleres por furtos en comercios de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |