As rebaixas adiántanse aos Reis
Por Oskar Viéitez
Oficialmente a tempada de rebaixas empeza o 7 de xaneiro, pero en numerosos comercios de Pontevedra xa están en marcha.
A liberalización das campañas leva os comerciantes pontevedreses a aliarse aos seus Maxestades de Oriente para animar as compras.
Dende o ano pasado, a Administración deixou á libre elección dos comerciantes a fixación do período de rebaixas. As tendas poden establecer os seus propios períodos de descontos e promocións e sumarse ou non ás datas oficiais.
Ao igual que o ano pasado non só se anticipan as pequenas tendas, algunhas das grandes repiten. Entre as máis madrugadoras encóntrase Adolfo Domínguez, pero para a próxima semana o desembarco será moito maior xa que para esta fin de semana está previsto o "cambio de escaparate" coas novas promocións, con descontos de ata o 50% e nos mellores casos chega mesmo ao 70%.
As rebaixas non só céntranse na roupa, o calzado e os complementos. Os descontos alcanzan tamén aos mobles, a tecnoloxía, os electrodomésticos ou ata as axencias de viaxes.