O comercio recuperou preto do 22% do que perdera coa crise
Por Oskar Viéitez
O comercio recuperou preto do 22% do que perdera nestes últimos anos coa crise, segundo os datos ofrecidos pola Federación Provincial de Comercio que asegura que os comerciantes gañaron unha media dun 5,5% máis de vendas do que estaba previsto.
Dende esta federación sosteñen que este sector "en xeral está satisfeito", aínda que apuntan que as vendas "foron a custa de estar a rebaixar durante case os 12 meses do ano".
Por exemplo, aínda que este mércores 7 empezan as rebaixas de xaneiro na práctica a campaña xa se iniciou a mediados de novembro xa que as grandes áreas, copiando de Estados Unidos, fixeron campañas co chamado "Black Friday", e "obrigaron" o comercio tradicional a poñer descontos entre un 50% e un 60% que se prolongaron ata as compras de Reis.
Segundo a Federación Provincial de Comercio o total de vendas previstas, dende o 7 de xaneiro ata o 7 de marzo, é de 52.247.413,67 euros na provincia de Pontevedra. Tendo en conta que a poboación é de 956.816 habitantes, a media de gasto por persoa sitúase en 54,60 euros.
A provincia ten un censo de 12.150 comercios, segundo os datos do ano 2013, que non inclúen aos centros comerciais nin os hipermercados.
RESULTADOS DA ENQUISA
Que cantidade destina para gastar nas rebaixas de inverno?
- A media de gasto por persoa sitúase en torno aos 68 euros na cidade de Pontevedra, cun aumento do 12% máis.
Que artigos son os que máis consumen os pontevedreses en rebaixas?
Compran os pontevedreses máis en período de rebaixas ou fóra do período de rebaixas?
Relacionadas:
-
Estiman que o Día da Nai deixará un gasto de 2,4 millóns de euros nos comercios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os comerciantes celebran que as rebaixas de inverno están a ser "boas"
Por Oskar Viéitez |
-
As rebaixas adiántanse aos Reis
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña de Nadal xerará 5.000 empregos na provincia
Por Oskar Viéitez |