Os "adanes" de Podemos e outras perlas do patriótico brinde pontevedrés de Mariano Rajoy
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, participou este martes na sede do PP en Pontevedra dunha "copa de navidad" cos membros da Executiva provincial do seu partido, "para mi la Junta Directiva más querida de España porque aquí empecé", segundo afirmou.
Rajoy foi invitado polo presidente provincial, Rafael Louzán, para dar un saúdo aos integrantes da Executiva. "O noso presidente vén sempre que lle chamamos", indicou o titular da Deputación pontevedresa, tras destacar a "absoluta naturalidade" do líder popular.
Non obstante o que ía ser un brinde cun viño albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas acabou converténdose nun discurso de vinte e un minutos no que o presidente do Goberno fixo un balance político do ano e animou aos seus a traballar de cara á cita electoral do próximo mes de maio "y no rendirse nunca".
Nun ton máis relaxado do habitual o presidente trasladou unha mensaxe moi positiva, "España es un país de primera división", presumiu, ao tempo que lles cominou a rexeitar "la tesis que algunos intentan vender al conjunto de los españoles de que este es un país que no merece la pena".
"Hay muy pocos países en el mundo que estén a la altura del nuestro", proclamou Mariano Rajoy mentres recordaba o "salto notorio" que deu España.
"Yo inauguré la llegada de la luz eléctrica en algunos municipios de Pontevedra", recordou xunto a Louzán da súa etapa como presidente da Deputación nesta provincia hai trinta anos e afirmou que "ahora surgen por todas partes los Adanes, algunos se creen que la vida y la historia comienza con ellos", nunha alusión clara a Podemos.
"Aquello que propugnan, que por otra parte es muy difícil de entender porque no lo saben explicar y porque no lo tienen muy claro", supoñería, dixo, "un salto hacia atrás ciertamente colosal" en caso de que "llegasen a asumir algún tipo de responsabilidad de Gobierno".
Fronte a isto o presidente dixo que o PP é garantía de estabilidade e preserva a súa "independencia", e chamou a "hablar bien de su país" fronte aos que "tienen tendencia a transmitir que esto es un desastre".
O presidente do Goberno xunto á ministra de Fomento, Ana Pastor; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, o propio Rafael Louzán e un nutrido grupo de deputados, senadores e alcaldes do Partido Popular, abundou nun discurso cheo de orgullo patriótico centrado principalmente na xestión económica e no que tamén houbo referencias á loita contra a corrupción.
Finalmente confesou a súa intención de seguir en política. "Llevo muchos años en política y tengo la intención de continuar muchos más, depende de vosotros", dixo.
Unha pechada ovación pechou o discurso do presidente e deu pé para despedir aos medios de comunicación, cara os que dixo que "les deseo un 2015 mejor que el año 2014 si es que eso es posible que casi seguro que lo es". Xa sen xornalistas os mandatarios populares deron conta do "pincho do Nadal" composto por unha variedade de ibéricos, tetiña con uva negra, empanada de millo con bacallau e emparedados vexetais.
Relacionadas:
-
Mariano Rajoy dará un mitin en Pontevedra o venres 15 de maio
Por Oskar Viéitez |
-
Marcos Fontán: "Podemos permíteme canalizar a miña indignación para facer deste país outra cousa diferente"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Feijóo felicita os galegos pola recuperación económica
Por Oskar Viéitez |
-
Un décimo premiado da lotaría viaxa de Pontevedra á Moncloa
Por Redacción |
-
Rajoy xa descansa no seu Nadal pontevedrés
Por Redacción |
-
Rajoy felicita o Nadal á Brilat en Afganistán
Por Redacción |
-
Teresa Pedrosa cre que non debería cobrar máis que Mariano Rajoy
Por Oskar Viéitez |