Un mozo de 27 anos falece ao saírse da vía de madrugada en Portas
Por Redacción
Nova xornada negra nas estradas da bisbarra, despois de que un mozo de 27 anos perdese a vida nun accidente de circulación en Portas.
Trátase dun veciño deste municipio pontevedrés, condutor e único ocupante dun BMW 318 Compact que se saíu da vía envorcando e impactando violentamente contra un muro de protección.
O suceso produciuse arredor das 5:30 horas da madrugada deste sábado na estrada EP-8004 que une Caldas de Reis e Vilanoviña, na zona na que o vial se cruza coas vias do tren.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse patrullas do Departamento de Tráfico de Pontevedra, Atestados e Bombeiros do Salnés.