Incendio nun piso na Peregrina
Por Diego Torrado
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron á rúa Peregrina para atender un aviso de incendio nun terceiro piso do edificio número tres desta rúa.
O lume orixinouse na campá extractora da cociña e foi sufocado cun extintor.
Aconteceu ás 16:00 horas deste xoves.
A presenza do corpo de Bomberos, que acudiu ao lugar do suceso con dous camións, provocou grande expectación entre os transeúntes que se encontraban a esa hora pola zona.
A acumulación de graxa por non limpar regularmente na campá extractora é causa frecuente de incendios no fogar, xunto a actos tan rutineiros como sobrecargar os enchufes con ladróns, apoiar a prancha sobre a táboa ou tirar unha cabicha mal apagada no lixo.