Rajoy inaugurará o Museo de Pontevedra "en cuestión de días ou semanas"
Por Oskar Viéitez
A axenda do Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está condicionando a data de inauguración do Museo de Pontevedra.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asegurou esta mañá que a apertura do sexto edificio do Museo farase de forma "inminente".
"ÿ a única cuestión que nos queda para unha inauguración que será en cuestión de días ou semanas".
Esta inauguración porá o colofón ás obras de ampliación do Museo, pero lonxe de ser o final, "será o principio dunha nova etapa" explicou Louzán "a cousa agora e que os edificios antigos necesitan unha rehabilitación e comezaremos esa fase".
Louzán celebrou que o Museo "hoxe máis que nunca vive momentos de esplendor".