Ruta polo río Tomeza para concienciar sobre a diabete infantil
Por Redacción
Máis de medio cento de persoas, a maioría vestidas cunha camiseta azul -a cor da diabete-, percorreron este domingo 12 quilómetros á beira do río Tomeza para sensibilizar e concienciar á sociedada en relación coa diabete en idade infantil.
Os asistentes responderon á chamada da Asociación de nenas e nenos con diabete de Galicia (Anedia), que convocou a primeira ruta de sendeirismo do colectivo a partir das 15.15 horas e durante toda a tarde do domingo.
A actividade tivo unha duración aproximada de catro horas ida e volta e congregou a persoas de todas as idades, con máis dunha decena de nenos menores e o resto, persoas adultas.
O deportista pontevedrés Diego Castro fixo de guía por este percorrido de dificultade baixa no que os asistentes cruzaron un par de pontes estreitas de madeira e, de regreso, percorreron unha parte do Camiño Portugués a Santiago.
Relacionadas:
-
Sendeirismo e convivencia na Fracha para concienciar sobre a diabete infantil
Por Redacción |
-
Como ven os nenos de primaria a diabete?
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
A deportista Susana Ruíz imparte unha charla sobre o dobre reto de facer montañismo con diabete
Por Redacción |
-
Os escolares de Ponte Sampaio, os primeiros en formarse en deporte, nutrición e coidado da diabete
Por Redacción |
-
Os escolares pontevedreses formaranse en diabete, deporte e nutrición
Por Redacción |
-
O Centro de Saúde de A Parda celebrará obradoiros grupais sobre diabetes, obesidade ou menopausa
Por Redacción |
-
Os comedores de Pontevedra estrearán "de xeito inmediato" menús personalizados para escolares con diabete
Por Redacción |
-
Unha 'marea azul' de 400 corredores percorre unha milla do casco histórico
Por Redacción |
-
Pontevedra tínguese de azul para pedir que se cree un protocolo de atención a escolares con diabete
Por Redacción |