A Deputación oferta 2.200 prazas en 11 quendas de 7 días nos campamentos de verán da Lanzada
Por Redacción
Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia a vindeira semana, a Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude para as 2.200 prazas no Centro de Vacacións "A Lanzada" para 11 quendas de campamentos, a primeira do 21 de xuño ó 27 de xuño; e a última do 30 de agosto ao 5 de setembro.
A Deputación contratará por 225.000 euros a unha empresa para levar a cabo a asistencia técnica-educativa dos campamentos, así como a alimentación. Entre outras actividades, haberá xogos e deportes, actividades na praia, aire libre, natureza e medio ambiente, actividades artísticas, teatro e contacontos, bailes e outras actividades culturais.
Aos campamentos poderán acudir nenos residentes nos concellos de Pontevedra e nacidos entre 2002 e 2007. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 1 de abril. O prezo será de 83,60 euros por neno.
Segundo informaron este venres en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Marta Iglesias, a adxudicación de prazas será por sorteo e reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe.
Terán prioridade quénes non asistiran o ano pasado. Asígnanse por quenda 100 prazas para nenos e 100 para nenas e cando un menor que non fose o ano pasado obteña praza e teña irmáns, para favorecer a conciliación familiar, tamén obterán praza na mesma quenda aínda que xa fosen o ano pasado.