Ciudadanos respalda que ENCE siga na Ría se cumpre con todos os parámetros ambientais
Por Redacción
A coordinadora de Ciudadanos (C's) de Pontevedra, María Rey, visitou este xoves o complexo industrial que Ence ten en Lourizán. Alí, a máxima responsable do partido de Alberto Rivera na cidade mostrou o seu respaldo á continuidade da empresa pasteira na Ría, xa que afirmou que o seu partido "avoga pola creación e conservación de emprego" nunha localidade que ten no paro un dos seus grandes problemas.
María Rey asegura, en todo caso, que o apoio de Ciudadanos á Ence "non é gratuíto" e manterano sempre que os responsables da planta se comprometan a "continuar coas emisións por debaixo dos niveis establecidos a nivel internacional".
A coordinadora da agrupación manifestou durante a súa visita, na que mantivo un encontro co director da fábrica, Antonio Casal, que dende o seu partido "apoiamos os empresarios que traballan para crear riqueza e son esixentes pola calidade nos seus procesos produtivos", ao mesmo tempo que respecten o ordenamento xurídico vixente.
Ademais, María Rey denunciou a "irresponsabilidade" dos partidos que forman o goberno municipal "que fan demagoxia das preocupacións dos cidadáns pola calidade do ámbito ambiental poñendo en dúbida a continuidade dunha industria fundamental para Pontevedra e o medio de vida de centenares de familias".
Relacionadas:
-
"Pase o que pase o 24 de maio, Ciudadanos chegou a Pontevedra para quedarse"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
María Rey (Ciudadanos) critica as "prisas" no novo contrato das piscinas de Campolongo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Biempica: "No se puede vivir del modelo urbano; el Concello sí lo hace, pero los pontevedreses no"
Por Natalia Puga |
-
Mosquera asegura que o PP ultima "regalar" a ENCE a súa continuidade na Ría a cambio de "algún millonciño"
Por Alejandro Espiño |
-
O TSXG tomba a prórroga da autorización ambiental de Elnosa e confirma a de ENCE
Por Natalia Puga |