O PP de Poio pide que se priorice o dragado de Campelo á limpeza do Lérez "para os iates"
Por Oskar Viéitez
O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes pediu a Xunta que o dragado da ría se faga pensando nas 800 persoas que en Poio viven do sector do mar.
"Resulta curioso que os pescadores e mariscadores leven dez anos reclamando unha solución para o estado do fondo do río, porque de iso depende o traballo de moitas familias, e Lores só interveña cando afecta ás embarcacións de recreo", foi a primeira reacción de Ángel Moldes ás recentes declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reclamando o dragado do Lérez a instancias do Club Naval de Pontevedra.
O candidato do PP en Poio engadiu que "no lugar do seu tradicional victimismo, o señor Lores debería pedir perdón por ser uno dos principais responsables da lamentable situación do río". Ao seu xuízo a construcción da Ponte das Correntes "contribuíu enormemente á acumulación de lodos e lixo e supuxo un impacto ambiental considerable".
"Pero agora os propietarios dos yates se queixan e o señor Lores devece por pedir solucións conxuntas e a dragaxe inmediata. Non sabe que facer para que na baixamar o río este presentable para os paseantes", afirmou Ángel Moldes, quen sinalou que para o PP de Poio, "antes que os iates veñen as embarcacións dos pescadores e o marisqueo a pé, e antes que arranxar a ría para poder pasear, hai que limpala para poder traballar e comer".
Relacionadas:
-
A Deputación súmase á petición do Clube Naval de dragado do río Lérez
Por Redacción |
-
O candidato do PP á alcaldía de Poio descubre unha candidatura con moitas novidades
Por Redacción |
-
Portos comprométese coas confrarías ao dragado do Lérez para o 2016
Por Oskar Viéitez |
-
Lores insta a reivindicar "todos xuntos" a dragaxe urxente do río Lérez á Xunta
Por Redacción |
-
Magín Froiz e David Cal recollen lodo no Lérez para liberar un pantalán do Porto Deportivo
Por Anxo Lourido |
-
Volven reclamar a Portos de Galicia o dragado urxente da ría de Pontevedra
Por Redacción |