Dirección e Xestión Pública do campus pontevedrés, o grao mellor avaliado polos alumnos da Universidade de Vigo
Por Redacción
A enquisa de satisfacción das titulacións oficiais da Universidade de Vigo realizada entre case 25.000 membros da comunidade universitaria entre estudantes, profesores e persoal de administración e servizos sitúa ao campus de Pontevedra como un dos mellor considerados polos estudantes.
Dos 29 centros analizados, as Facultades de Fisioterapia e Ciencias Sociais e da Comunicación sitúanse no top 5 dos centros da Universidade de Vigo cunha puntuación de 4,85 e 4.84 sobre 7. Nas enquisas tívose en conta a oferta académica, a organización docente, as instalacións ou os recursos humanos.
Entre as 125 titulacións da Universidade de Vigo, 56 graos e 69 másters, destaca o alto nivel obtido polos estudantes de Xestión Pública, que avaliaron a capacidade docente dos seus profesores, os contidos impartidos nas aulas e a versatilidade dunha titulación que dispón de modalidade semipresencial e oferta un dobre título coa Universidade de Sao Paulo.
O único grao de toda a Universidade que aparece neste "top ten" é o grao en Dirección e Xestión Pública.