Ademais dunha historia de cornos, houbo tamén unha estafa?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Coñecéronse na web de contactos Badoo e pouco a pouco foron intimando por internet ata que, aos dous meses, decidiron verse en persoa. Acudían a diario o un á casa do outro nunha relación que durante un ano ocultaron ás súas respectivas parellas xa que ela estaba casada e el tiña outra compañeira sentimental.
O amorío destes dous pontevedreses teceuse a base de mentiras, "todo el mundo miente en Badoo, se va buscando lo que se va buscando". Ao principio foron os nomes, pero ela asegura que el tamén a enganou facéndoo crer que era un empresario dono de moitas bateas, que a súa familia era adiñeirada, que atravesaba por un mal momento e mesmo que uns italianos quería darlle unha malleira por unha débeda. "Siempre le creí". Por iso di que lle prestou máis de 58.000 euros.
Agora ela acúsao de estafa, polo que este xoves se viron as caras na Audiencia de Pontevedra.
No banco dos acusados sentouse Manuel V.T., a súa auténtica profesión é camioneiro e por aquel entón estaba no paro. Durante o xuízo negou todos os feitos. Dixo que ela o acusa por "despecho" dende que quixo poñer fin á relación, insiste en que nunca recibiu diñeiro e explicou que mesmo foi denunciado por ela por malos tratos. "Se volvió toda loca e histérica", declaró Manuel "me tenía amenazado con contárselo todo a mi pareja".
A presunta vítima chámase Mónica M.M., é autónoma e traballa nunha xestoría de Pontevedra. "Mi vida era el trabajo y mi hijo. Mi marido trabaja fuera y estaba muy sola", explicou ó tribunal.
Ante os maxistrados pontevedreses asegurou que despois dun ano descubriu "por casualidad" que o seu amante non era quen dicía ser. Entón dixo sentir "mucha vergüenza" porque "tenía un proyecto de vida con él. Me dijo que era la mujer de su vida", aínda que estaba casada e ten un fillo e non informara desta relación a ninguén.
Respecto ao diñeiro di que pediu prestados aos seus pais e a súa irmá, mesmo dous créditos persoais en Cofidis e Citibank. Este diñeiro dáballo en efectivo, sen recibos nin comprobantes de ningún tipo.
O fiscal pide dous anos de prisión e multa de nove meses a razón de nove euros día, para este home. A súa avogada pide a libre absolución. Os maxistrados da Sección Segunda resolverán.