Un bufete de avogados de Marín logra que Bankia devolva o diñeiro dunhas accións ao seu cliente
Por Oskar Viéitez
Tras a sentenza ditada en Vigo no mes de setembro de 2014 obrigando a Bankia a devolver o diñeiro a uns accionistas, un bufete de avogados de Marín acaba de conseguir un novo fallo en contra desta entidade financeira. Trátase do segundo ditame en Galicia referente ao asunto da Oferta Pública de Subscrición de Accións (OPS) de Bankia.
O Xulgado de Primera Instancia Nº4 de Santiago de Compostela emitiu, con data de 24 de febreiro, "un auto duro e contundente", desestimando a prexudicialidade penal, e unha sentenza considerando a nulidade do contrato de adquisición de accións da entidade, entón presidida por Rodrigo Rato.
A sentenza declara nula "por vicio do consentimineto por erro e dolo derivado da translación de información errónea por parte de Bankia" a contratación das accións. O fallo é recorrible.
Segundo informan dende o bufete Carlos Arce Abogados esta sentenza supón para este despacho o seu primeiro triunfo en relación con este asunto, aínda que teñen abertos e en distintas fases de proceso, entre sesenta e setenta reclamacións civís contra Bankia polo tema de accións.