En dous meses a Xunta presentará as actuacións máis urxentes para sanear a ría
Por Oskar Viéitez
A confraría de Lourizán acolleu a segunda reunión de traballo para avanzar o proxecto de saneamento da Ría de Pontevedra, que sentou en torno a unha mesma mesa a representantes e técnicos dos catro concellos que utilizan a depuradora dos Praceres, da empresa Viaqua del Instituto de Control do Medio Mariño (Intecmar), da Autoridade Portuaria e de Augas de Galicia.
Esta última entidade pública comprometeuse a presentar no prazo máximo de dous meses un informe sobre as actuacións máis urxentes a emprender. Previamente os concellos de Pontevedra, Marín, Poio e Vilaboa, deberán identificar e sinalar os puntos onde se producen vertidos, e onde se mesturan as redes de augas pluviais e fecais.
Tras unha longa reunión de tres horas consensuouse que o primeiro paso para resolver o problema do colapso da Estación depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres é a canalización das pluviais, é dicir, auga limpa, a través da rede do saneamento. Isto provoca que a Edar se sature rebordando augas fecais sobre a ría, motivo da mala cualificación (Zona C) das augas da ría para o marisqueo.
Son solucións a medio prazo, por iso os respresentantes dos pósitos esixiron axilidade ás administraciones xa que ven perigar a súa principal fonte de ingresos.
Por parte do Concello de Pontevedra defendeuse a necesaria ampliación da depuradora, así como o problema do financiamento, que a Xunta confía en resolver con fondos europeos.
A próxima reunión deste grupo de traballo quedou fixada para o 8 de xuño.
Relacionadas:
-
A Xunta licita por 1,5 millóns de euros o Plan de saneamento local da Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Técnicos da Xunta manteñen un encontro co sector marisqueiro da ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Augas de Galicia identifica "incumprimentos" da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez critica que Pontevedra e Poio "no tienen ganas" de acometer o saneamento integral da ría
Por Oskar Viéitez |
-
Bruxelas non contempla multas pola contaminación da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de saneamento do Gorgullón para evitar as inundacións rematarán a finais de abril
Por Anxo Lourido |
-
O saneamento da ría de Pontevedra procurará financiación europea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |