Carlos Baute actuará o 20 de agosto no Festa do Mar de Combarro
Por Redacción
A XV Festa do Mar de Combarro celebrarase este ano entre os días 19 e 23 de agosto e incluirá as actuacións de Carlos Baute, o grupo América e o grupo canario The Boys Machine, ademais do festival Armadiña Rock.
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio avanzou este xoves unha parte do programa, no que se aposta, un ano máis, pola tradición, a música e a gastronomía e no que xa está confirmada a XX Concentración de Embarcacións Tradicionais entre o 21 e o 23 de agosto.
En canto aos concertos que xa están confirmados, Carlos Baute actuará na noite do 20 de agosto e o festival Armadiña Rock celebrarase o 21 de agosto coa participacióin de diversas bandas de rock.
O 22 de agosto actuará en Combarro o grupo América e o domingo 23 de agosto o grupo canario The Boys Machine. A Concellería de Turismo está á espera de pechar máis actuacións e eventos.
Relacionadas:
-
Carlos Baute e La Guardia actuarán na Festa do Mar
Por Oskar Viéitez |
-
La Guardia completa o cartel da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Máis de 20.000 persoas achegáronse a Combarro durante a XIV Festa do Mar
Por Redacción |
-
Armadiña Rock is different
Por Redacción |
-
VIDEO.- O Armadiña Rock de Combarro volve tirar de enxeño para promover o festival
Por Redacción |
-
A XIV Festa do Mar de Combarro ofrecerá mil quilos de moluscos da ría
Por Anxo Lourido |