A pontevedresa Chus Pazos e o estradense Carlos Somoza sobreviven ao terremoto de Nepal en pleno Everest
Por Diego Espiño
Dous montañeiros pontevedreses foron testemuñas do desvastador terremoto de 7,9 graos na escala Richter sufrido en Nepal este sábado, e que causou ata o momento máis de 2.000 mortes.
Son a pontevedresa Chus Pazos e o estradense Carlos Somozas, integrantes ambos os dous do Club Montañeiros Pontevedra A Roelo e que se encontraban no Everest realizando unha ruta de trekking, concretamente a que chega ao campo base da montaña máis alta do planeta, a máis de 5.000 metros de altura.
Dende o Everest foron testemuñas do tremor, que causou avalanchas na montaña sepultando moitos alpinistas que se encontraban na zona.
A Chus e Carlos o desastre colleunos un día despois de abandonar o campamento base iniciando o seu regreso mentres atravesaban un val "en el que cayeron hasta piedras", explica dende Galicia o seu compañeiro Juan Lozano, nun momento de gran perigosidade.
Encóntranse a máis de dous días de traxecto do poboado dende o que serán evacuados
Pasado o susto inicial e tras comprobar ao seu paso as consecuencias desvastadoras do desastre, os montañeiros contactaron coa familia de Carlos Somoza para informarlles de que se encontraban a salvo.
A última comunicación produciuse a primeira hora deste domingo, explicando aos seus achegados que se encontran en plena ruta e "casi tres días de camino" ata o poboado no que deberán coller unha avioneta que os evacúe a Katmandu.
Non obstante "la cosa está complicada y tendrán problemas para coger la avioneta", recoñece Lozano, contento malia todo de que os seus amigos se encontren en bo estado.
ÿ a primeira vez que Chus visita a Himalaia, pero no caso do seu compañeiro Carlos xa visitara a cordilleira noutra ocasión.