A custodia de presos na cidade pasa da Garda Civil á Policía e "genera duplicidad de funciones"
Por Natalia Puga
A partir do próximo 8 de xaneiro os axentes da Policía Nacional asumirán a custodia dos presos do centro penitenciario da Lama e doutras prisións que cheguen á cidade para asistir a xuízos, ao centro hospitalario ou a calquera acto familiar autorizado. A competencia é na actualidade da Garda Civil e, segundo o Sindicato Unificado de Policía (SUP), "genera duplicidad de funciones" entre ambos os dous Corpos de Seguridade do Estado e "una merma en la presencia de policías en las calles".
O SUP alerta do "impacto" que terá esta nova tarefa que deben asumir os policías nacionais de Pontevedra en"los ciudadanos y el resto de compañeros policías". pois supoñerá que os axentes asignados ao Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Comiasaría Provincial teña que dedicarse case en exclusiva en custodiar os internos.
Desta forma, esta unidade policial deberá deixar de asumir as funcións que desempeñan na actualidade, e que van dende a "preventiva de proximidad con patrullas a pie como en moto y en vehículo" a "traslados de detenidos nuestros, de la Policía Nacional, a juicios y centros médicos", "custodia de los presos que están en el hospital, pero fuera del módulo penitenciario", "cubrir la seguridad en eventos deprotivos" ou "escoltar autoridades".
A chamada de atención realízaa o secretario galego do SUP, José Freire, que indica que o GOR ten na cidade doce axentes da escala básica, un inspector e dous subinspectores, un número que non só deixará de estar na rúa, senón que ademais, ve "claramente insuficiente" para asumir la nueva tarea asignada.
"No tiene sentido que nos asignen una nueva competencia sin dotarnos de medios humanos y materiales"
Indica, ao respecto, que a Garda Civil ten unha unidade especilizada dedicada á custodia de internos do centro penitenciario da Lama que conta con 70 axentes mentres que cando estes internos cheguen a Pontevedra e pasen ás mans da Policía só recaerán o seu control e vixilancia en doce policías. Cre necesario reforzar a Comisaria con, polo menos, 15 funcionarios máis para poder prestar o servizo. Na súa opinión, "no tiene sentido que nos asignen una nueva competencia sin dotarnos de medios humanos y materiales".
Neste sentido, achega datos e sinala que no mes de novembro deste 2012 se realizaron 84 traslados de presos a xuízos tanto nos xulgados da Parda como na Audiencia Provincial. Sumándolles os que foron derivados a algunha consulta hospitalaria, veos un número demasiado elevado para doce axentes. De feito, houbo días nos que llegaro a xuntarse dez internos, de modo que terían sido necesarios veinte policías para a súa custodia, efectivos que non ten a Comisaría.
O SUP pregúntase, ademais, que farán os gardas civís que traian aos internos dende a carcel á cidade durante o tempo no que os custodia a Policía Nacional, pois deberán esperar a que rematen os seus xuízos ou consultas médicas para levalos de novo a prisión, de modo que tamén estarán empantanados sen poder asumir outras tarefas de seguridade.
Haberá, pois, unha "duplicidad de funciones entre ambos os dous corpos policiais. "O lóxico é que os mesmos axentes asuman toda a cadea de custodia", opina Freire. Recoñece que Pontevedra é a última cidade galega na que falta por facer efectivo este traspaso de competencias, que o resto xa se realizou en 2009, pero recorda que no resto de localidades "tienen igual número de funcionarios, pero menos custodias".