Eleccións 24M: O PSOE de José Luis Poceiro repite como forza máis votada en Vilaboa aumentando un concelleiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Continuidade é o que reflectiron as urnas este 24 de maio no Municipio de Vilaboa.
Co 100% dos votos escrutados, o Partido Socialista liderado por José Luis Poceiro repite como lista máis apoiada polos cidadáns cun 41,12% dos votos e un total de seis concelleiros, un máis que en 2011.
A segunda forza política da corporación é o Bloque Nacionalista Galego, que da man de Ornela Fernández mantén catro concelleiros (30,92%).
Pola súa banda o Partido Popular liderado por Beatriz Rosendo baixa ata os tres concelleiros cun 25,83% dos apoios.
En Vilaboa acudiu ás urnas o 65,24% do electorado, emitíndose un total de 3.268 votos, unha abstención do 34,76%, 82 votos nulos e 68 en branco.