'Todos tenemos agenda'. A reivindicación dos avogados de Tenerife contra a impuntualidade chegará a Pontevedra
Por Redacción
Avogados de toda España reuniranse en Pontevedra o próximo mes de xullo na décima edición das 'Xornadas Nacionais de Comisións de Relacións coa Administración de Xustiza', unha cita anual da Avogacía española que este ano abordará cuestións relacións coa forma de optimizar a práctica diaria dos profesionais e iniciativas novidosas como 'Todos tenemos agenda', que promove o Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife.
O decano e o vicedecano do Colexio de Avogados de Pontevedra, Ramón Jáudenes e Juan Carlos Abeigón, reuníronse este mércores co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para abordar os detalles das xornadas, das que o rexedor capitalino destacou que son unha oportunidade para dar a coñecer Pontevedra a un novo público e potenciar a faceta da cidade como destino de feiras, congresos e eventos deportivos.
En relación coa iniciativa 'Todos temos axenda', Ramón Jáudenes explicou que o decano dos avogados tinerfeños, Víctor Medina Fernández-Aceytuno, a presentará en Pontevedra a súa iniciativa reivindicativa contra a impuntualidade na celebración de eventos xudiciais. O Colexio de Avogados de Santa Cruz de Tenerife explica na súa páxina web que a acción ten o obxectivo de axudar a solucionar o problema dos contínuos atrasos e demoras que padecen os avogados á hora de asistir aos xulgados. Para lograrloo crearon diferentes ferramentas tales como un grupo de Whatsapp de colexiados que vaia informando sobre os atrasos.
As xornadas en xeral irán enfocadas a buscar solucións para "optimizar elementos de la práctica diaria" da profesión e cuestións como "el tiempo de los justiciables y abogados" e, en xeral, a aproveitar as novas tecnoloxías na organización da axenda dos xuízos. A aplicación das directivas europeas en relación coa asistencia aos detidos e as comisións mixtas avogacía-xulgados tamén serán abordados nestas xornadas.
Jaúdenes móstrase satisfeito por ter gañado a partida a outros 82 colexios de avogados de España para poder organizar estas xornadas e axudar a dar a coñecer Pontevedra con este tipo de xornadas de proxección estatal e porque estes eventos axudan a achegar o sector da avogacía á cidadanía.
Relacionadas:
-
Éxito das xornadas que reuniron en Pontevedra avogados de 83 colexios de España
Por Redacción |
-
Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de Xustiza gratuíta
Por Redacción |
-
As relacións extraprocesais xuíces/avogados, a debate esta semana en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os 83 colexios de avogados de España debaten en Pontevedra sobre a Administración de Xustiza
Por Redacción |
-
Os novos valedores do oficio de avogado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Doce benvidas ao mundo do Dereito pontevedrés
Por Redacción |
-
Os avogados pontevedreses sairán á rúa contra Gallardón e en defensa da quenda de oficio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |