Amizade participará en la carrera popular Pontenoite
Por Redacción
A asociación Amizade participará este, sábado día 13 de xuño, na Pontenoite, sendo o obxectivo principal de participar desta carreira popular sensibilizar á sociedade das dificultades que ten unha persoa con discapacidade á hora de practicar un deporte (elevados custos, falta de espazos axeitados, entre outras).
Ademais, tamén se pretende fomentar o deporte para todos e reivindicar instalacións deportivas accesibles.
Para a participación na carreira, Amizade solicitou tres handbikes á Fundación Maria José Jove que conta cun servizo de préstamo destas.
Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade. Un obxectivo moi ambicioso no momento da creación da asociación, aló polo ano 1988, pero que "lamentablemente segue presente hoxe en día xa que aínda queda moito camiño por andar ata lograr esa integración; para conseguir unha igualdade real entre todos os cidadáns e cidadás".
Por isto é polo que Amizade segue existindo, e segue ofrecendo actividades e servizos que melloren as capacidades das persoas. E tamén segue concienciando á sociedade sobre a necesidade de crear contornas inclusivas que acollan á diversidade de persoas que existen, sen discriminación; algo que, se dúbida, enriquecería á sociedade.