Gonzalo Pita, elixido alcalde de Sanxenxo entre vítores e aplausos
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Nun salón de plenos completamente abarrotado, con público nos corredores e ás portas da casa consistorial facendo cola, o candidato de SAL, Gonzalo Pita, foi elixido alcalde de Sanxenxo.
Con vitores e aplausos os simpatizantes das catro formacións políticas do cuatripartito sanxenxino apagaron as voces dos que acudiron ao pleno para animar o candidato popular, Telmo Martín.
Pero non houbo lugar para as sorpresas e, a man alzada, os concelleiros de SAL, BNG, PSOE e Sanxenxo Pode votaron por Pita, tal e como acordaran no "pacto histórico", polo que constitúen un "goberno único e estable", como eles mesmos cualificaron.
En nome dos nove membros do grupo de goberno, o alcade Pita tendeu a man aos edís do Partido Popular "para traballar polos veciños" facendo un Concello "máis participativo, máis próximo e transparente" do que os cidadáns "se sintan orgullosos".