O CSIC homenaxea en Pontevedra ao científico Amando Ordás Pérez
Por Redacción
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) homenaxeará en Pontevedra este mércores 17 de xuño, ao científico Amando Ordás Pérez, quen dedicou máis de 40 anos da súa carreira a investigar na Área das Ciencias Agrarias na Misión Biolóxica de Galicia (MBG), centro ao que, tras a súa recente xubilación, continuará vinculado en calidade de doutor ad honorem.
Para iso, dende a MBG organizouse un programa de charlas que comezará ás 10.00 horas e concluirá ás 13.30 horas.
As charlas estarán impartidas por científicos que traballaron, tanto na MBG coma noutros centros, con Amando Ordás Pérez, e incidirán na contribución científica do homenaxeado. Diríxense tanto ao persoal da MBG coma ao público interesado na materia.
No seu perfil cabe destacar unha vertente investigadora Amando Ordás, avalada por datos como a publicación de máis de 200 artigos científicos, e unha vertente xestora, durante a cal tivo que facer fronte a momentos con dificultades nos cales ata se barallou o peche da MBG, e promover a modernización da estrutura e funcionamento do centro.
Relacionadas:
-
Unha científica de Bueu estuda os xenes responsables dos compostos saudables en grelos, berzas ou repolos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra acollerá varios seminarios científicos en torno ás Ciencias Agrarias
Por Redacción |
-
O CSIC nomea a Elena Cartea González directora da Misión Biolóxica de Galicia
Por Redacción |