Canal+ Francia grava un documental sobre Pontevedra: "Pensei que non habería ningún coche", di a autora
Por Oskar Viéitez
Francia foi designada país anfitrión do Cumio do Clima, é dicir, a XXI Conferencia "Paris Climat 2015" da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático, co principal obxectivo de chegar a un novo acordo internacional sobre o clima previsto para logo de 2020.
Con tal motivo Canal+ Francia está a elaborar unha serie de seis documentais para emitir nas semanas previas a esta importante cita mundial, abordando desde o punto de vista medioambiental temas como a industria, o traballo, a economía ou o transporte.
Neste último apartado os xornalistas da canle de televisión francesa repararon en Pontevedra como un "referente internacional" polo seu modelo urbano que aposta polo peón. De modo que encargaron á reporteira Gaelle Pieton que gravase parte deste documental na cidade do Lérez.
"O primeiro que pensei foi que en Pontevedra non habería ningún coche", explicou esta xornalista gala, "pero ao chegar daste conta de como é".
Gaelle Pieton comentou que "hai poucas cidades como Pontevedra, con todo limitado a 30 quilómetros por hora", e asegurou que en París a alcaldesa, Anne Hidalgo, estase plantexando aplicar esta medida en determinadas zonas da capital.
De modo que Pontevedra para os franceses "é un exemplo, un laboratorio a pequena escala".
Durante a súa visita Gaelle estivo gravando entrevistas e testemuños de pontevedreses para o seu documental, zonas peonís, camiños escolares, rúas de carril único, o metrominuto, aínda que se atopou con algunhas dificultades, por exemplo, para dicir "lombo" en francés.
Relacionadas:
-
Lores participa este luns en París na segunda parte da gravación do documental de Canal Arte sobre o modelo urbano
Por Redacción |
-
A Coruña copia o Metrominuto de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra explica o seu modelo urbano en Xixón e Zaragoza
Por Redacción |
-
A televisión pública holandesa elixe Pontevedra para retratar a cultura e o folclore galegos
Por Redacción |