Pechan ao baño a praia de Canelas pola aparición dunha mancha de gasoil
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo acordou este martes pechar ao baño a praia de Canelas ante a aparición pola mañá dunha mancha de gasoil a uns 15 metros da orilla. Izouse unha bandeira vermella alertando do risco aos bañistas e instaláronse valos e carteis á entrada do areal recomendando non usalo mentras non desapareza o verquido.
Segundo informou o Concello nun comunicado, aínda non se puido determinar a orixe do verquido, pero todo parece indicar que podería proceder do lavado dun barco.
O Servizo Municipal de Emerxencia e a Concellería de Medio Ambiente encargáronse de activar os protocolos de actuación preestablecidos neste tipo de incidencias, avisando do acontecido a Salvamento Marítimo e á Consellería de Medio Ambiente para que realicen os controis previstos para estes casos.
A Concellería de Servizos ten un operativo previsto para que pola tarde, no momento de cambio das mareas, se proceda á limpeza de calquera resto que quede sobre a area.