Agustín Fernández quere que Lores explique as medidas que se adoptarán cando ENCE remate a concesión en 2018
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, presentou este venres dúas propostas para a orde do día da primeira reunión do Consello Económico e Social (CES), que o alcalde de Pontevedra anunciou que se convocaría en breve prazo aínda que aínda carece dunha data concreta.
A primeira destas iniciativas céntrase na creación dun Plan de Emprego Municipal no que se recollan medidas para a reactivación da contratación na bisbarra. Segundo sinalou Agustín Fernández, un concello que conta con 8 mil persoas que buscan un emprego ten un grave problema e por ese motivo reclama do equipo de goberno que se adopten actuacións para dinamizar a economía local.
O voceiro socialista indicou que, a pesar de que a culpabilidade da situación de desemprego correponde ás "políticas austericidas do PP", é necesario acatar este problema e o CES é o órgano adecuado para tratar esta situación.
Por outra parte, Fernández sinalou que o ano 2018 levará consigo o fin da actual concesión de Ence nos terreos de Lourizán e por ese motivo, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores ten que facer unha análise rigorosa e obxectiva que permita adoptar decisións a curto e medio prazo en asuntos como a recuperación medio ambiental, a ordenación urbanística, dotación de servizos, plan estratéxico de fomento de actividades económicas alternativas, entre outros temas cos que se terá que enfrontar Pontevedra no caso de que a fábrica pasteira abandone a súa actual localización.
Neste sentido, Agustín Fernández incidiu en que o goberno local do BNG se centra moito nas "cousas pequenas, pero non nas grandes" e engadiu que o modelo de cidade non consiste só en peonalizar.
Relacionadas:
-
Os traballadores de ENCE cren que o PSOE "chega tarde" coa proposta de referendo sobre a pasteira
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
O PSOE explicará a súa proposta de consulta popular sobre Ence ao comité de empresa da fábrica
Por Redacción |
-
O goberno local dubida da legalidade da consulta popular sobre ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas instan o Concello a iniciar os trámites para unha consulta popular sobre ENCE
Por Redacción |